Libros e autores; actos e celebracións; novidades e recomendacións. As vosas creacións e suxerencias,...
2.27.2013
DÍA DE ROSALÍA
O pasado 24 de febreiro foi o Día de Rosalía, unha das nosas máis admiradas escritoras.
Para celebrar por todo o alto este día, alumnos/as de todos os niveis do noso cole participaron na actividade proposta pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e realizada conxuntamente por un gran número de centros escolares galegos.
A actividade trataba de facer a lectura completa de "Cantares Gallegos" de Rosalía.
Foi tal o éxito desta proposta que houbo moitos coles apuntados e ao final tiveron que facerse dúas lecturas do libro. Os nosos nenos/as participaron na segunda lectura co poema nº 19 "Pasa, río, pasa, río".
Na foto podedes ver aos nosos protagonistas e aquí podedes ver que ben recitaron tod@as:
No hay comentarios:
Publicar un comentario