11.25.2011


SEMANA TRADICIÓN ORAL - presentacion imagenes
 
A 2ª semana de novembro celebramos a Semana de Tradición Oral. Debemos lembrar SEMPRE que os nosos maiores son unha fonte inesgotable de saber. Eles viviron moito, e aprenderon dos seus maiores. A Tradición Oral abarca todas esas ensinanzas (lendas, contos, cancións, refráns, formas de facerse as cousas...) que aprendemos non porque as leamos nos libros, senón porque ensínannos os demais, especialmente os nosos maiores.

Este ano tivemos uns ponentes marabillosos: pais e avós/as que viñeron compartir con nós moitas, moitas cousas...

Levaron coma recordo un diploma no que se materializa o noso agradecemento.

Grazas de corazón por contribuir á educación dos nosos nenos e nenas!!

SAMAÍN - presentacion imagenes
 
UUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUHHHHHHHHHHHHHHHH

Que medo! Co Samaín poñemos a proba as nosas dotes literarias... Nos contos de medo, terror e suspense atopamos bruxas, vampiros, mortos vivintes.. pero tamén bolas acuáticas, dentistas, xemelgas e.... ata TORRADAS DE PAN!!

CO CERTAME DE RELATO CURTO DE MEDO organizado pola biblioteca escolar, ata PLOI ANDA A TREMAR!!!

Os relatos están expostos na biblioteca e no corredor, pero pronto faremos un libro con todos eles, quen é @ valente que se atreverá a pedilo?????

Ollo coa nosa imaxinación e creatividade, é o noso maior tesouro, con ela sempre poderemos vivir aventuras fantásticas, viaxar a terras descoñecidas e todo o que nos propoñamos!!!!






ADAPTACIÓN DO LIBRO CANTAROLAS - presentacion imagenes

O mes de outubro é o adicado ás Bibliotecas. Nós tamén o celebramos con diversas actividades. Aproveitando o 50 aniversario do libro "Memorias dun neno labrego" centrámonos no seu autor, D. Xosé Neira Vilas, un home encantador, amable e, sobre todo, con moito mundo!! Alá a onde foi (e vai) sempre leva nos beizos a palabra GALIZA, e no corazón un gran sentimento pola nosa terra.

Nós centrámonos no seu libro "Cantarolas" que é de poesía infantil. Nos recreos cada curso recitou pola megafonía unha poesía, enchendo así o colexio e os arredores coas súas verbas. Que ledicia!

Elaboramos marcapáxinas coa adicatoria que nos escribiu nun dos seus libros!

Tamén cada grupo escolleu unha poesía e elaborou a súa ilustración. Cando veu a Tui a visitarnos (convidado pola Biblioteca Pública) entregámoslle o noso agasallo e recitamos as poesías. Encantáronlle!!

Preguntámoslle cal era o seu libro favcorito, e confesou que os quere a todos coma fillos, pero ao insistirlle dixo que lle tiña un pouquichiño máis de aquél "Querido Tomás", escrito en 1980.

Grazas, Neira Vilas, pola súa labor!

10.20.2011


Día da Traducción - presentacion imagenes

Este ano, polo´Día da Traducción" contamos cunha visita moi especial. Veu ao noso centro Camilo Gutiérrez, profesor da Asociación de Xordos de Vigo. Foi unha xornada moi interesante e instructiva, contounos como é o día a día das persoas xordas, fixemos un miniobradoiro de lingua de signos e respondeu todas as nosas dúbidas. Aos máis cativos tamén lles contou o conto "Un culete independiente", que lles encantou.

Grandes e cativos, alumn@s e mestres, todos saímos practicando algún signo, e  sentíndonos máis cercanos á comunidade xorda.

Grazas Camilo, ata pronto!

Apertura da biblioteca

9.27.2011

5.20.2011

LETRAS GALEGAS 2011: LOIS PEREIRO

Este é o mural que fixemos entre tódolos alumnos/as de Primaria para rendir homenaxe a Lois Pereiro.











Os do 2º ciclo elixiros e escribiron dúas poesías. Os nenos/as do 1ºciclo decoraron as poesías con debuxos relacionados; e os alumnos/as do 3º ciclo elaboraron unha caricatura e unha presentación sobre a vida e obra de Lois Pereiro.

5.11.2011

RECEITAS DE ENTROIDO


Desde a biblioteca, este Entroido organizamos unha exposición de recetas típicas.

















Agora podedes consultar na biblioteca os libros que elaboramos coas vosas receitas!

DÍA DO LIBRO







Esperamos que vos guste a exposición que fixemos coa colaboración de todo o alumnado do centro!!

Como podedes ver, cada neno fixo unha composición co seu libro favorito. Así, os demais alumnos poderán tomar nota!




5.06.2011

ANIMACIÓN A LECTURA





O pasado martes 26 de Xuño viu a visitarnos unha contacontos!
Era inglesa e moi divertida!



Falounos a cada ciclo dos libros que leramos e ademais fixemos xogos.

2.04.2011

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Xa está a vosa disposición o rincón dos xogos de mesa.
Ploi invítavos a disfrutar de tódolos xogos: parchís, xadrez, oca...

Pero, lembrade que hai que anotarse para reservar sitio!!!! Tan so tendes que pedirllo ao profesor que esté na biblioteca.