12.26.2012

GAÑADORES DO CERTAME DE POESÍA NA ESCOLA

Xa temos as fotos dos GAÑADORES do Certame Poesía na Escola A Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño do noso colexio. Estamos moi moi orgullosos d@s nos@s nen@s que participaron con fermosas poesías, e as recitaron o día da entrega de premios. Grazas Aldara, Estela, Izan, Juncal, Pablo e Yasmin!!

12.17.2012

12-12-2012 CELSO EMILIO FERREIRO

Nunha data tan especial coma o 12-12-2012 celebrouse o centenario do nacemento dun dos nosos poetas máis famosos e que máis loitaron pola nosa lingua: Celso Emilio Ferreiro. Para conmemorar esta data, na biblioteca colgamos un mural no que os nenos de segundo escribiron un dos seus poemas máis bonitos e románticos "Moraima".

12.14.2012

O APALPADOR

Está chegando o Nadal e todos queremos que Papá Noel e os Reis Magos nos traian regaliños pero…a que non sabedes que nós tamén temos en Galicia a alguén que na Noite Boa nos visita para traernos regalos? Sííí, é O Apalpador!! Conta a lenda que era un señor que vivía nas montañas de Lugo e iba a casa dos nenos para apalparlles a barriga. Se palpaba que comeran ben e se portaran ben durante o ano, dáballes un puñado de castañas e un regaliño. Portástesvos ben vós? Comistes ben? Esperamos que sí. Para que O Apalpador vexa que tamén nos acordamos del, dende a semana pasada estivemos a facer un taller na biblioteca pintandoo coa sua enorme barba laranxa e o seu puñado de castañas na man. Mirade que chulos quedaron os vosos "Pequenos Apalpadores".

Se queredes saber máis, botade unha ollada ao seguinte vídeo.