6.09.2010

LETRAS GALEGAS

Para celebrar as Letras Galegas, fixemos actividades no Encerado Dixital sobre Uxío Novoneyra.

Participaron tódolos nenos do cole, desde os máis cativos ata os de 6º.
Gracias aos xogos coñeceron mellor a vida e obra do poeta do Courel

6.08.2010

OBRADOIROS

Temos que felicitar aos alumnos/as pola alta participación nos obradoiros convocados.
Os do 3º ciclo decoraron separadores alfabéticos, con eles poderedes atopar mellor, e tamén colocar, os libros nas estanterías!

Os alumnos/as do 2º ciclo ordenaron e arranxaron os xogos de mesa da biblioteca.

Este venres o obradoiro é para os nenos/as do 1º ciclo, elaboraran novos marcadores de Ploi, seguro que é un éxito!

NOVIDADES DO CURSO 2009/10

Este ano temos unha nova decoración, representa o mundo máxico que podedes atopar nos libros: trasnos, superheroes, bruxas... Esperamos que sexa do voso agrado!

Unha nova zona coa que contamos é a de contacontos, que xa empregamos en diversas ocasións.
Ademais colocamos un buzón de suxestións, no que podedes indicar libros, xogos ou actividades que vos gustaría ter na biblioteca. Estamos moi contentos coa vosa participación!

6.07.2010

REMATA O CURSO!


Lembrade que xa non se poden coller máis libros en préstamo e que tendes que devolver os que teñades! Nos próximos días avisaremos os nenos e nenas que teñan algunha devolución pendente.

6.02.2010

DÍA DO LIBRO

O día 23 abril fomos a plaza de San Fernando, o obxectivo era que as comunidades educativas aportasen libros en desuso para intercambio e doazón de libros. Foi unha actividade na que participamos tódolos centros educativos de Tui e a biblioteca municipal. GRACIAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS!!



Ademais, esta semana fixemos de contacontos.
Aproveitando a nova zona que creamos na biblioteca, os maiores contaron contos e fixéronlle dramatizacións aos máis cativos.