11.24.2008

Traballos noutras linguas


Durante este curso estamos organizando os traballos feitos por rapaces do noso colexio e os doutros de PORTUGAL, FRANCIA e ITALIA desde o ano 1998 ao 2000. Moitos deles teñen que ver coas nosas tradicións: o Magosto, o Nadal, o Entroido, xogos populares,...

Aínda que non permitamos levalos para a casa, non deixedes de botarlles unha ollada. Dspois poderédelos atopar na sección: OUTRAS LINGUAS e LINGUAXES.

11.02.2008

REFRÁNS

Vendo todos os CHISTES contados, e por suposto que podedes seguir escribindo máis, propoñémosvos que busquedes e escribades nos comentarios desta entrada:

10.18.2008

PLOI FALA NOUTRAS LINGUAS E LINGUAXES


Para celebrar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, durante a semana do 20 ao 27 de outubro presentarémosvos a nova sección de libros noutras linguas e linguaxes e poderedes disfrutar da Exposición PLOI FALA EN:

9.21.2008

BENVIDOS 08-09

BENVIDOS de novo á nosa Biblioteca. Esperamos que neste curso disfrutedes moito cos recursos e actividades que vos ofrecemos. Se tedes algunha suxerencia, opinión, idea,...sobre a Biblioteca do colexio, animádeos a facer aquí o comentario.

4.15.2008

BUSCANDO LIBROS

Queres saber si temos un libro na Biblioteca?
Queres ver se está dispoñible?
Ou onde o podes atopar?Entra no OPAC MEIGA e realiza a búsqueda poñendo o título ou o autor. Pregunta a alguén como se fai. É moi doado.

4.08.2008

Internet

Aquí vos presentámos unhas páxinas para que vos conectedes a internet. Recordade que para entretervos só podedes entrar en internet mediante o BLOG.


Se necesitas ou necesitades buscar algunha información falade co mestre encargado da Biblioteca nese momento.


Se queredes recomendarnos máis páxinas, facédeo mediante un comentario.
ASTERIX ...........................................XANELA AO MUNDO
AS ILLAS...............................................JOANMIRÓ
RULETA...........................................................ARTE
GALICIA..................................................AFORCADO
A VACA CONNIE..............................................A OCA

4.06.2008

Chistes


Sabedes que estivemos a probar un blog, pero non os acababa de convencer. Alí escribistes chistes. Invítovos a que o fagades de novo.


Entre os que escribades faremos unha selección para a revista A Billarda ¿Que vos parece?


Entrada ao primeiro Blog

DESDE ESTE LUGAR

PODERÁS ACCEDER

AO PRIMEIRO BLOG

¡¡DISFRÚTAO!!