11.25.2011


SEMANA TRADICIÓN ORAL - presentacion imagenes
 
A 2ª semana de novembro celebramos a Semana de Tradición Oral. Debemos lembrar SEMPRE que os nosos maiores son unha fonte inesgotable de saber. Eles viviron moito, e aprenderon dos seus maiores. A Tradición Oral abarca todas esas ensinanzas (lendas, contos, cancións, refráns, formas de facerse as cousas...) que aprendemos non porque as leamos nos libros, senón porque ensínannos os demais, especialmente os nosos maiores.

Este ano tivemos uns ponentes marabillosos: pais e avós/as que viñeron compartir con nós moitas, moitas cousas...

Levaron coma recordo un diploma no que se materializa o noso agradecemento.

Grazas de corazón por contribuir á educación dos nosos nenos e nenas!!

SAMAÍN - presentacion imagenes
 
UUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUHHHHHHHHHHHHHHHH

Que medo! Co Samaín poñemos a proba as nosas dotes literarias... Nos contos de medo, terror e suspense atopamos bruxas, vampiros, mortos vivintes.. pero tamén bolas acuáticas, dentistas, xemelgas e.... ata TORRADAS DE PAN!!

CO CERTAME DE RELATO CURTO DE MEDO organizado pola biblioteca escolar, ata PLOI ANDA A TREMAR!!!

Os relatos están expostos na biblioteca e no corredor, pero pronto faremos un libro con todos eles, quen é @ valente que se atreverá a pedilo?????

Ollo coa nosa imaxinación e creatividade, é o noso maior tesouro, con ela sempre poderemos vivir aventuras fantásticas, viaxar a terras descoñecidas e todo o que nos propoñamos!!!!






ADAPTACIÓN DO LIBRO CANTAROLAS - presentacion imagenes

O mes de outubro é o adicado ás Bibliotecas. Nós tamén o celebramos con diversas actividades. Aproveitando o 50 aniversario do libro "Memorias dun neno labrego" centrámonos no seu autor, D. Xosé Neira Vilas, un home encantador, amable e, sobre todo, con moito mundo!! Alá a onde foi (e vai) sempre leva nos beizos a palabra GALIZA, e no corazón un gran sentimento pola nosa terra.

Nós centrámonos no seu libro "Cantarolas" que é de poesía infantil. Nos recreos cada curso recitou pola megafonía unha poesía, enchendo así o colexio e os arredores coas súas verbas. Que ledicia!

Elaboramos marcapáxinas coa adicatoria que nos escribiu nun dos seus libros!

Tamén cada grupo escolleu unha poesía e elaborou a súa ilustración. Cando veu a Tui a visitarnos (convidado pola Biblioteca Pública) entregámoslle o noso agasallo e recitamos as poesías. Encantáronlle!!

Preguntámoslle cal era o seu libro favcorito, e confesou que os quere a todos coma fillos, pero ao insistirlle dixo que lle tiña un pouquichiño máis de aquél "Querido Tomás", escrito en 1980.

Grazas, Neira Vilas, pola súa labor!