12.26.2012

GAÑADORES DO CERTAME DE POESÍA NA ESCOLA

Xa temos as fotos dos GAÑADORES do Certame Poesía na Escola A Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño do noso colexio. Estamos moi moi orgullosos d@s nos@s nen@s que participaron con fermosas poesías, e as recitaron o día da entrega de premios. Grazas Aldara, Estela, Izan, Juncal, Pablo e Yasmin!!

12.17.2012

12-12-2012 CELSO EMILIO FERREIRO

Nunha data tan especial coma o 12-12-2012 celebrouse o centenario do nacemento dun dos nosos poetas máis famosos e que máis loitaron pola nosa lingua: Celso Emilio Ferreiro. Para conmemorar esta data, na biblioteca colgamos un mural no que os nenos de segundo escribiron un dos seus poemas máis bonitos e románticos "Moraima".

12.14.2012

O APALPADOR

Está chegando o Nadal e todos queremos que Papá Noel e os Reis Magos nos traian regaliños pero…a que non sabedes que nós tamén temos en Galicia a alguén que na Noite Boa nos visita para traernos regalos? Sííí, é O Apalpador!! Conta a lenda que era un señor que vivía nas montañas de Lugo e iba a casa dos nenos para apalparlles a barriga. Se palpaba que comeran ben e se portaran ben durante o ano, dáballes un puñado de castañas e un regaliño. Portástesvos ben vós? Comistes ben? Esperamos que sí. Para que O Apalpador vexa que tamén nos acordamos del, dende a semana pasada estivemos a facer un taller na biblioteca pintandoo coa sua enorme barba laranxa e o seu puñado de castañas na man. Mirade que chulos quedaron os vosos "Pequenos Apalpadores".

Se queredes saber máis, botade unha ollada ao seguinte vídeo.

11.19.2012

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

Como do luns 12 ao venres 16 de Novembro se celebraba a "Semana da tradición oral", decidimos mandar invitacións aos nosos avós e avoas para que viñeran ao colexio a contarnos cómo eran os xoguetes nos seus tempos. Foi un día xenial, as avoas e os avós estaban encantados cos seus diplomas, e os netos e netas orgullosísimos deles. Aquí vos deixamos as fotiños de todo o que pasou ese día. Mirade que sorisos e caras de satisfacción.

Así nos quedou o mural. Antes de que viñeran os protagonistas, tiñamos colgados os diplomas. Despois enchímolo de fotos. Mirade a tod@s @s avós e avoas reunidos enisando os seus diplomas!

Moitísimas grazas polas vosas historias avós e avoas!!

11.07.2012

Un video moi moi interesante...

Aquí vos deixamos un precioso e interesantísimo vídeo. Foi creado polo colectivo de docentes de música e plástica para promocionar as bondades da educación artística en todas as etapas da aprendizaxe xa que, entre outras miles de cousas, axudan a educar as nosas emocións. Valorar, soñar, vivir, crear, disfrutar, imaxinar, sentir, pensar, entender, escoitar, xogar, pensar, percibir expresar…forman parte da nosa realidade. Como di a canción, “a realidade é arte por dentro” por iso para a música e plástica na nosa escola son fundamentais. Seguro que despois de ver o vídeo pasaredes un bo rato tarareando a canción.

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Menuda biblioteca terrorífica mais chula tivemos a semana pasada!!foron poucos días pero, como chegaba o Samaín, fixemos moitas cousas. Os de Infantil debuxamos unhas xeniais sonrisas terroríficas; os de Primeiro Ciclo escribimos poesías terroríficas; e os de Segundo e Terceiro ciclo uns terroríficos contos ...todo moooi terroríficooooo. Mirade as fotos e veredes.

11.06.2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o "Día das Bibliotecas Escolares" fixemos moooooitas e variadas actividades coas que todos disfrutamos un montón. Todo o colexio participou na elaboración de preciosos marcapáxinas que tedes expostos no pasillo da entrada do cole. Se non podedes vir, aquí vos deixamos unhas fotiños:

Ademais, os nenos e nenas de 1º e 2º vimos un vídeo precioso sobre un bibliotecario. Aquí vos deixamos o link para que podades velo na casa, merece moito a pena. Despois da "sesión mini-cine" fixemos un obradoiro de autocolantes no que coloreamos os autocolantes nos que estaba o noso querido Ploi.

Os nenos e nenas de 3º e 4º empezamos a sesión vendo unha presentación en power point sobre as marabillosas bibliotecas europeas. Despois, pasámolo xenial coa "Caza do tesouro" na que tiñamos que buscar os libros aos que nos guiaban as pistas. Fomos moi rápidos e todos conseguimos o noso ansiado diploma! Mirade que centrados estabamos na busca e que contentos cos nosos diplomas despois!

O alumnado de 5º e 6º tamén viu a presentación en power-point sobre as mellores bibliotecas europeas. Despois, estiveron moi atentos a unha charla sobre formación de usuarios para seguir sendo uns xeniais axudantes de biblioteca.

11.05.2012

DÍA DA TRACUCIÓN

Qué mellor que o noso cole plurilingüe para unirnos á celebración do día da tradución. Temos a sorte de contar con alumnado que ten orixes noutros países, algúns en Portugal, outros en Hungría, Francia, Uruguay, Marrocos...Gracias a estes nenos e nenas e as súas familias podemos aprender algunhas palabras e frases nas linguas que eles falan na casa, qué riqueza! Mirade ben as fotos para ver a algúns dos nosos protagonistas e aprender un pouquiño destas outras linguas. Moitas grazas pola vosa colaboración!

10.22.2012

As mochilas viaxeiras xa emprenderon a súa viaxe.

As novas mochilas viaxeiras deste curso xa están rumbo ás vosas casas. Van cargadas de novas historias, persoaxes, e aventuras para que compartades na casa coas vosas familias. Non vos olvidedes de escribirlle a Ploi as vosas opinións. Esperamos que as disfrutedes moito!

10.17.2012

Novos carteis para a CDU.

Se sodes bos observadores e observadoras, ao pasar pola biblioteca estes días veredes que é moito máis fácil saber onde está cada libro porque temos novos carteis para a CDU!! Estes indícannos a temática dos libros e a idade á que van dirixidos.
Podedes ver as fotos que sacou Ploi mentres os estabamos preparando.
A que quedaron chulísimos?


Un novo curso!! Benvidos a Biblioteca!

Ola a todos! Xa levamos un mes no novo curso! Seguimos todos coas pilas cargadas?? Seguro que sí!
Ploi xa estaba o 1 de setembro no cole preparando todo na biblioteca para darvos a benvida. 
Mirade as fotos.
Ploi deséxavos un moi moi bo curso 2012/2013.


6.09.2012

Día da Poesía


No Día da Poesía organizamos no corredor unha exposición moi especial: de obxectos do día a día nos que escribimos rimas, pareados… Coches, maracas, cepillos de dentes, bonecas, pratos, cadros… Houbo variedade, cantidade e calidade.  Grazas a todas as familias que participaron c@s seus nen@s na realización desta actividade! Os que pasábamos polo corredor non podíamos facelo sen parar a disfrutar das rimas tan orixinais que se aportaron.

2.16.2012

DÍA DA PAZ


paz - presentacion imagenes
Así quedou de bonito o traballo que prepararon @s axudantes de biblioteca. Traballaron moito nos recreos para poder telo rematado a tempo. Respeto, Tolerancia e Paz: palabras que debemos escribir con maiúscula debido á súa importancia!

10x1


10x1 - presentacion imagenes

Así nomeamos esta actividade que levamos a cabo en decembro. Escollimos un pequeno conto e borrámoslle os nomes e os adxectivos. Os nen@s de cada clase encargáronse de completalo escollendo eles mesm@s as novas palabras.

Resultado: 10 contos "irmáns", cunha historia común pero con personaxes diferentes.

Encadernarémolo para á vosa disposición na biblioteca.

Canta orixinalidade! Moi ben, rapaces e rapazas!!!

2.08.2012