6.10.2009

Día do Medio ambiente

Para conmemorar este día tan importante o alumnado de 4º de Primaria levou a cabo na biblioteca unha convención, na que representando a diferentes países do noso planeta falaban sobre o medio ambiente, as emisións de CO2 e o cambio climático no noso planeta.

Unha das sustancias imprescindibles é a auga, e aquí vos deixo unha actividade para coñecela un pouco mellor, picade na gotiña de auga, entrade en Índice de contidos e... a INVESTIGAR

4.22.2009

DÍA DO LIBRO

O 23 de Abril é o Día do Libro que no noso colexio o celebraremos con lecturas de contos que o alumnado de 2º e 3º ciclo lle lerá aos de Infantil e primeiro ciclo. Ademais haberá outras clases que realizarán outras actividades, como lecturas ao aire libre ou visita especial á biblioteca.
CÓNTANOS QUE FIXECHES E CAL FOI A TÚA IMPRESIÓN.

4.08.2009

EXPOSICIÓN DÍA DA MULLER


Con motivo da celebración do día da muller traballadora, o 8 de Marzo, o alumnado de 4ºB realizaron unha serie de traballos que queren compartir con todos vós. Están á vosa disposición na zona de Exposicións da Biblioteca.

3.16.2009

2009- ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA


Os alumnos de 4ºA fixeron uns traballos sobre Astronomía, que serán expostos na Biblioteca.

Como é o ano Internacional da Astronomía, os alumnos de 4ºA fixeron uns traballos sobre astronomía . A exposición comeza o 16 de Marzo e remata o 1 de Abril.
O horario de visitas para os que non sexan alumnos é de 16.00 h. a 18.00, na Biblioteca do colexio.

2.16.2009

ENTROIDO

FAI A TÚA COPLA DE ENTROIDO, APROVEITA A OCASIÓN,
PARA BUSCAR AOS PROBLEMAS, DUNHA VEZ A SOLUCIÓN.


2.05.2009

DÍA DA PAZ

"Unha vez, un escritor moi coñecido do meu país, a India, chamoume Mahatma, que na miña lingua significa "alma grande". Decidiu poñerme ese nome porque dicía que fixen moitas cousas polos demais. E o que é máis importante: sempre conseguín os meus propósitos sen ter que recurrir á forza.
Ao longo da miña vida fun capaz de demostrar que a violencia é a peor forma de loitar pola igualdade entre os homes e as mulleres. Non só estou en contra das guerras, senón que penso que as palabras e unha vida exemplar son as mellores armas para combatir ao enemigo."

Este é o texto que se leu o Día da PAZ. Está sacado do libro titulado Me llamo...Gandhi, que podedes atopar na sección 92-Biografías da vosa Biblioteca. Alí tamén atoparedes a vida de outros personaxes importantes.