
Libros e autores; actos e celebracións; novidades e recomendacións. As vosas creacións e suxerencias,...
2.27.2013
DÍA DE ROSALÍA

2.21.2013
UN CHALECO PARA CADA AXUDANTE
TIVEMOS UN MAGNÍFICO REGALO
A Biblioteca Pública de Vigo agasallounos con dúas caixas CHEEEEEEAS de libros. Agradecémoslle a súa doazón, e aínda máis nestes tempos que corren.
Aproveitamos para recomendarvos que, cando pasedes por Vigo, vaiades a visitala, xa que é unha biblioteca marabillosa e ten uns bibliotecari@s exemplares.
Enviamoslle un bico moi forte de parte de todo o alumnado do noso colexio e especialmente de Ploi, a nosa mascota.
Graciñas e parabéns polo voso traballo.
2.15.2013
NOVIDADES NA BIBLIOTECA!
Ploi anduvo moi moi atarefado o mes de xaneiro buscando novos libros para vós e por fin os temos na biblioteca. Só tes que pasarte pola entrada da biblio, ver o que hai novo e entrar a facer o empréstito. Ou, se o prefires, mira as fotos que che presentamos aquí e así xa non tes que decidirte antes de entrar.
.jpg)
2.14.2013
DIA DA PAZ
O día da paz foi xenial, saímos á rúa e fixemos un flash-mob dando e repartindo apertas. Dende a biblioteca estivemos toda a semana anunciando libros con temática sobre a paz e fixemos un bonito mural. Esperamos que os leades e fagades de todo o ano segundos, minutos, horas, días, semanas e meses cheos de paz.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)