12.14.2012

O APALPADOR

Está chegando o Nadal e todos queremos que Papá Noel e os Reis Magos nos traian regaliños pero…a que non sabedes que nós tamén temos en Galicia a alguén que na Noite Boa nos visita para traernos regalos? Sííí, é O Apalpador!! Conta a lenda que era un señor que vivía nas montañas de Lugo e iba a casa dos nenos para apalparlles a barriga. Se palpaba que comeran ben e se portaran ben durante o ano, dáballes un puñado de castañas e un regaliño. Portástesvos ben vós? Comistes ben? Esperamos que sí. Para que O Apalpador vexa que tamén nos acordamos del, dende a semana pasada estivemos a facer un taller na biblioteca pintandoo coa sua enorme barba laranxa e o seu puñado de castañas na man. Mirade que chulos quedaron os vosos "Pequenos Apalpadores".

Se queredes saber máis, botade unha ollada ao seguinte vídeo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que bo traballo!! O Apalpador presentado dunha forma doce, con agarimo... E o obradoiro todo un éxito! Como me gustaría estar aí, con vós... Que magnífico equipo de Biblioteca!
Nerea