11.25.2011


ADAPTACIÓN DO LIBRO CANTAROLAS - presentacion imagenes

O mes de outubro é o adicado ás Bibliotecas. Nós tamén o celebramos con diversas actividades. Aproveitando o 50 aniversario do libro "Memorias dun neno labrego" centrámonos no seu autor, D. Xosé Neira Vilas, un home encantador, amable e, sobre todo, con moito mundo!! Alá a onde foi (e vai) sempre leva nos beizos a palabra GALIZA, e no corazón un gran sentimento pola nosa terra.

Nós centrámonos no seu libro "Cantarolas" que é de poesía infantil. Nos recreos cada curso recitou pola megafonía unha poesía, enchendo así o colexio e os arredores coas súas verbas. Que ledicia!

Elaboramos marcapáxinas coa adicatoria que nos escribiu nun dos seus libros!

Tamén cada grupo escolleu unha poesía e elaborou a súa ilustración. Cando veu a Tui a visitarnos (convidado pola Biblioteca Pública) entregámoslle o noso agasallo e recitamos as poesías. Encantáronlle!!

Preguntámoslle cal era o seu libro favcorito, e confesou que os quere a todos coma fillos, pero ao insistirlle dixo que lle tiña un pouquichiño máis de aquél "Querido Tomás", escrito en 1980.

Grazas, Neira Vilas, pola súa labor!

No hay comentarios: